Hai xa uns anos escribín este conto para acompañar unhas fotos aereas de un compañeiro sobre a costa de Lugo.
Hoxe o recupero para vos. Está distribuido tal cual ía, por páxinas sobre as fotos, que hoxe quedan ao voso libre maxín.
O
vó de Speir
1
Conta
a lenda que hai anos,
din
que moitos,
a
Farraix, o mar,
deulle
por roubar unha illa.
2
O
que non di a historia
e
porqué.
3
Din
que antes de que os homes
esqueceran
o respecto que debían
ao mar, ao vento e a terra;
os
deuses celtas velaban por eles
e
tamén loitaban polo seu dominio
5
Querían
as alas do xove Speir, o vento,
a
obediencia de Talamn, a terra
e
dominar
ao rebelde Farraix.
6
De
entre todos os deuses,
dous
encapricháronse
polas
illas da zona
especialmente
por unha:
a
illa de San Cibrao.
7
Dun
lado estaba Lugh.
O
deus branco.
O
deus paxaro.
O
deus bo.
O
deus que lle dera o nome a terra
e
o mar polo que loitaban.
8
Do
outro lado estaba Balar, o seu avó.
O
deus da ollada mortal
O
fillo dos xigantes formoré que habitaban as illas.
O
torvo, o cruel deus Balar.
9
Lugh
quería que o seu reinado se estendera
por
terra, mar e aire.
10
Balar
quería un fogar para os seus desposuídos xigantes.
11
Os
dous querían aquelas illas.
12
E
as costas
13
E
o vento e as gaivotas
14
Os
dous querían a obediencia de Farraix.
15
Farraix.
Violento
e calmo.
Xoven
e vello.
Fermoso
e terrible.
Eterno
e voluble.
Farraix,
o mar.
16
Contan
as vellas historias
que
Balar tratou de ameazalo.
17
E
que Lugh lle recordou o seu
pacto
de obediencia.
18
Pero
estas historias tamén contan
que
Farraix, farto
de ceder as súas posesións,
decidiu
enganar os dous vellos deuses.
19
A
costa pola que pelexaban
estaba
vixiada
por moitas pequenas illas
20
apenas
pequenas rochas unhas,
mais
grandes outras,
todas
insignificantes
ao
lado da impoñente San Cibrao.
21
Farraix
aproveitou a noite e roubou a illa
22
e
quixo facer coma se nunca houbese existido,
23
quixo
que os deuses esquecesen a súa illa
24
quixo
embriagalos coa beleza
25
quixo
que a vista daquel pequeno paraíso
os
confundise para sempre.
26
Dende
entón, o mar troca de forma
nas
costas da Mariña.
27
E
fai mil trucos:
28
Xoga
a ser invisible baixo a area
para
que non o atopen...
29
Enrúgase
coma un vello
para
infundir respecto...
30
Convértese
nun espello
para
que os deuses so o vexan
coma
un reflexo de si mesmos...
31
Píntase
de mil cores...
32
Os
azuis. Dende o brutal índigo
ao
gulusmeiro celeste para
confundirse
co ceo.
33
Os
Verdes e aguamariñas con años de escuma,
para
fundirse coa terra.
34
A
lenda tamén conta que,
durante
anos,
o mar conseguiu o seu obxectivo,
35
e
que Lugh e Balar se esqueceron
da
illa de San Cibrao
coma
tamén o fixeron os homes.
36
O
que non se esqueceron foi de loitar.
e
Lugh matou a Balar
pelexando
por outras terras,
por
outras illas...
37
E
pasou o tempo.
38
E
só
Speir, o vento,
de
entre todos os deuses segue
a
visitar estas costas.
40
Porque
Lugh desconfía de Farraix
e
o envía, pensan algúns
41
Para
voar
sobre a maxia de Farraix,
e
encubrir a súa travesura, din outros.
42
Porque,
ao fondo, todos saben
incluído
Lugh,
que
vento e mar van da man,
sobre
todo nas brincadeiras.
43
E
a Lugh encántalle.