(para o taller de poesía de Polisemias para o Festival Por amor al Arte)
Dende a miña fiestra
Grúas.
E auga.
E noite outra vez.
E auga.
E máis auga.
Traballo, barcos,
gaivotas e estrelas
e o vento que zoa
a través da xanela.
E noite tras noite,
detrás das antenas,
os barcos xa saen
e logo non entran.
E aquí que non sopla
o vento mareiro,
eu tremo e máis temo.
o pasar das horas.
E sinto o meu medo,
e escapo para fora,
Fuxindo do po,
do po que me afoga.
Do po que me cubre,
do po que non tocas,
do po que me enche
de enrugas a pel.
E pasan las horas,
e o po que se pousa
en todas as cousas
e no meu corazón.
E logo non durmes?
Non, Ainda non.
A Coruña. Inverno de 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario